lunes, 6 de febrero de 2017

CAMPO A TRAVÉS EN MONTERREI

O alumnado dende 2º de Primaria ata 3º da ESO participou o pasado mes de decembro nunha proba deportiva correspondente á fase previa escolar de Campo a través no Complexo Deportivo de Monterrei. Ao longo da mañá disfrutamos dunha xornada de atletismo ao aire libre nun percorrido marcado arredor das instalacións do complexo. Dous alumnos do centro Antón Lecompte e Izan Díaz subiron ao podio acadando o 1º e 2º posto. O pasado 28 de xaneiro participaron na final comarcal Alicia Silva e Antón quedando este último de 2º e clasificándose de xeito directo para o Campionato Provincial que se disputará o vindeiro sábado 18 de febreiro.  Velaí vos deixo un vídeo da proba. MOITA SORTE ANTÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario