jueves, 12 de mayo de 2016

O RUGBY CAMPUS OURENSE VISITA O COLEXIO

A pasada semana semana Andy e Moi do Campus Ourense Rugby estiveron en educación física iniciándonos nas normas básicas dun deporte que moitas veces asociamos a agresividade e violencia. Pola contra aprendimos que apesares de ser un deporte de contacto trátase dun dos deportes que máis inculca o respecto e o compañerismo, no que a técnica xoga un papel fundamental. Así soubemos que é a "melé", a "touche", unha "placaxe" e moitas cousas máis. Graciñas Moi e Andy pola vosa visita e por invitarnos a adestrar ou a ver os vosos encontros no campo sintético da Universidade. Desexámosvos moita sorte no playoff de ascenso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario