viernes, 3 de noviembre de 2017

VOANDO O PASADO

O pasado luns voamos ao pasado visitando co alumnado de 3º ESO a sala de Exposicións Afundación situada na Praza Maior. A mostra deunos a coñecer as posibilidades que a fotografía aérea ofrece ao coñecemento, recuperación e preservación do noso patrimonio arqueolóxico. A través do xogo puidemos amosar as nosas competencias en aprendizaxe cooperativo xa que nos distribuiron por grupos de traballo e fixemos unha exposición conxunta na que puxemos en común todo o aprendido. Puidemos contemplar imaxes aéreas de castros e outros xacemento arqueolóxicos de Galicia tomadas dende globos, monoplanos,... e incluso dende drones . Sen dúbida toda unha experiencia ver como un dron sobrevoaba na sala e nos sacou unha foto de familia.


















domingo, 1 de octubre de 2017

Semana Europea do Deporte 23-30 setembro

Ao longo da semana durante os recreos movemos o esqueleto ao ritmo de "Soy una taza", "Macarena" e outros bailes, houbo tamén tempo para os xogos de comba e como non para os demandados deportes de pelota como o volei, o fútbol e o baloncesto. 
Tratábase de rir e pasalo ben facendo unha actividade saudable para celebrar a Semana Europea do Deporte. Coido que acadamos o obxectivo. Dende o colexio animamos a que sexades activos durante todo o ano.

Move more, feel better.




















lunes, 6 de febrero de 2017

CAMPO A TRAVÉS EN MONTERREI

O alumnado dende 2º de Primaria ata 3º da ESO participou o pasado mes de decembro nunha proba deportiva correspondente á fase previa escolar de Campo a través no Complexo Deportivo de Monterrei. Ao longo da mañá disfrutamos dunha xornada de atletismo ao aire libre nun percorrido marcado arredor das instalacións do complexo. Dous alumnos do centro Antón Lecompte e Izan Díaz subiron ao podio acadando o 1º e 2º posto. O pasado 28 de xaneiro participaron na final comarcal Alicia Silva e Antón quedando este último de 2º e clasificándose de xeito directo para o Campionato Provincial que se disputará o vindeiro sábado 18 de febreiro.  Velaí vos deixo un vídeo da proba. MOITA SORTE ANTÓN.

viernes, 2 de diciembre de 2016

MANNEQUIN CHALLENGE EN EDUCACIÓN FÍSICA

El alumnado de la ESO se congeló por unos minutos en clase de Educación Física.

Quién diría que no mover ni un pelo pone de manifiesto tantas competencias motrices?

Es una labor de equipo, una actividad artístico expresiva, inclusiva, un reto, una superación, implica fuerza, resistencia, flexibilidad, equilibrio, coordinación,...

Ahí os dejo los vídeos  de todos los cursos para que los disfrutéis. Mi más sincera enhorabuena a todo el alumnado, también a aquellos que no habéis podido participar.

1º ESO A
1º ESO B
2º ESO A

2º ESO B

3º ESO A
3º ESO B
4º ESO



lunes, 26 de septiembre de 2016

FLASHMOVE CCARENAL SEMANA EUROPEA DO DEPORTE

Comezamos o curso movéndonos. O alumnado da ESO do Colexio Concepción Arenal participou de maneira activa na Semana Europea do Deporte. Achégovos os vídeos do flashMOVE. Graciñas pola vosa participación.



jueves, 12 de mayo de 2016

O RUGBY CAMPUS OURENSE VISITA O COLEXIO

A pasada semana semana Andy e Moi do Campus Ourense Rugby estiveron en educación física iniciándonos nas normas básicas dun deporte que moitas veces asociamos a agresividade e violencia. Pola contra aprendimos que apesares de ser un deporte de contacto trátase dun dos deportes que máis inculca o respecto e o compañerismo, no que a técnica xoga un papel fundamental. Así soubemos que é a "melé", a "touche", unha "placaxe" e moitas cousas máis. Graciñas Moi e Andy pola vosa visita e por invitarnos a adestrar ou a ver os vosos encontros no campo sintético da Universidade. Desexámosvos moita sorte no playoff de ascenso.



jueves, 7 de abril de 2016

6 abril - Día mundial da actividade física


Con este video, dende o Colexio Concepción Arenal e dende a asignatura de educación física en particular, pretendemos sumarnos á iniciativa de difusión da importancia do exercicio físico saudable como hábito que axuda a previr ou curar diversas doenzas e enfermidades. Sexamos activos para manternos saudables, coidemos os nosos hábitos e busquemos a felicidade diaria.


miércoles, 30 de marzo de 2016